A materia de análise de ambiente espacial e misión aborda o estudo das condicións ambientais espaciais ás que está sometido un vehículo espacial e a análise de todos os elementos da enxeñaría de sistemas que se deben considerar para definir e caracterizar unha misión espacial. Considéranse o baleiro, a microgravidade, os campos magnéticos, a radiación, o plasma e os meteoritos. A análise da misión céntrase nos conceptos de operación, a definición de operacións, a arquitectura funcional, a definición de requisitos, o cálculo orbital, o cálculo de orzamentos por subsistemas, a definición do sistema de lanzamento e reentrada, e o control e guiado do vehículo.