As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo. Na avaliación continua, a cualificación final será a media ponderada das
obtidas nas probas individuais, sen que haxa cualificación mínima en
ningunha das probas. A cualificación global obtida con esa media ponderada deberá ser maior ou igual a 5 para aprobar a materia. Na avaliación continua, as prácticas e as probas son obligatorias e liberatorias. Mentras as prácticas non son recuperables, os alumnos que non haxan podido realizar o primeiro parcial ou o haxan suspendido poderán volver a facelo no día do exame final, no cal tamén realizarase o segundo parcial. O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o
procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Para os e as alumnos/as que haxan solicitado á avaliación global en tempo e forma á escola, a avaliación farase enteiramente co exame (100% neste caso). Para a segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios que para a primeira. No caso da convocatoria fin de carreira, a avaliación farase enteiramente co exame (100% neste caso). O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames O data do primeiro parcial comunicarase ao principio de curso. |