Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor/a dos contidos fundamentais da materia. Intercalaranse actividades participativas no seu desenvolvemento.
Os coñecementos adquiridos polo estudantado avaliariase a través dun exame escrito realizado segundo o calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE, publicado na páxina web.
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames
Dita proba consta de preguntas obxectivas e de resposta curta e tipo test. |
Saídas de estudo |
Visitas en grupo reducido realizada a algunha das empresas do sector aeronáutico.
No caso de non ser posible a realización de ditas visitas, serán substituídas por conferencias impartidas por especialistas do sector.
Esta actividade será avaliada mediante un informe que se incorporará ao cartafol do estudante. |
Resolución de problemas |
Resolución de cuestións, problemas e exercicios relacionados coa materia que serán presentados nas clases prácticas.
Serán avaliados mediante a resolución de autónoma de exercicios propostos que se incorporarán ao cartafol do estudante e mediante cuestionarios online ao longo do curso |