As probas a realizar durante o curso serán as seguintes:
1.- Un parcial (P1) a realizar durante o curso en horario lectivo. Cun peso do 40% no total da Evaluación Continua (EC). Se o estudante aproba P1, a calificación obtida conservaráse no exame final da avaliación continua, na primeira ou na segunda oportunidade.
2.- Un parcial (P2) coincidindo co exame final de 1ª oportunidade (E1) establecido polo centro. Contará cun peso do 40% do total da nota de EC. Si se aproba esta parte, conservarase a nota na avaliación do exame final de 2ª oportunidade (E2).
3.- A entrega obligatoria das Memorias (M) asociadas as prácticas. Cun peso do 20% do total da EC, memorias a realizar en horas non presenciais e a entregar nas últimas datas do curso. A asistencia ás prácticas non é obrigatoria pero si a entrega de tódalas memorías asociadas a elas.
Se o estudante supera M, a calificación obtida conservarase no exame E1 e no exame E2.
As tres probas anteriores; P1, P2, M, compoñen as probas da EC.
4.- Un exame global de 1ª oportunidade (E1).
5.- Un exame global de 2ª oportunidade (E2).
A asinatura poderase aprobar/superar dalgunha das seguintes formas:
1.- O estudantado que queira aprobar na modalidade de EC deberá ter aprobada cada unha das probas que a compoñen; P1+P2+M.
Sen menoscabo do anterior, os estudantes que queiran mellorar nota poderán presentarse de forma voluntaria os exames globais (E1/E2) sendo evaluados pola maior das notas obtidas entre a EC e E1/E2.
2.- Os estudantes que non se atopen no anterior punto, poderán supera-la asinatura presentándose ós exames globais establecidos oficialmente polo centro (E1/E2).
O estudante ten dereito a optar pola evaluación global; sendo así o alumno terá que superar un exame global dividido en 2 partes que coincidirán cos parciais que formaron a EC (P1 y P2).
Exame fin de grao.
O estudante que se presente ó exame fin de carreira será avaliado ó completo ca nota obtida en dito exame.
Nota: Considerarase que calqueira das probas anteriormente descritas están aprobadas cando o estudante obteña unha nota igual ou superior a 5 ptos.
A duración máxima do
exame será de 4 horas si se fai de forma continua ou de 5 horas si hai unha
pausa intermedia (neste caso a duración máxima de cada parte non
superará as 2,5 horas).
O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola
Xunta de Centro dá EEAE publícase na web
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.