Coñecemento, comprensión e aplicación de conceptos e técnicas da Mecánica de Fluídos de Enxeñaría Aeroespacial. Parte do curso preséntase como unha introdución a dinámica de fluidos computacional que, partindo dun coñecemento das ecuacións de conservación dos fluidos (xa adquiridos en materias anteriores) permita aos estudantes realizar simulacións sinxelas que involucren un fluído como medio de traballo.
Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.