Os datos correspondentes a horarios, aulas e datas de examenes poderán consultarse de forma actualizada na páxina web do centro: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/examenes Para aprobar a materia en primeira oportunidade será necesario acadar como
mínimo o 40% da nota máxima en cada unha das probas avaliadas. De non
alcanzarse dito 40% nalgunha proba, a nota final estará limitada por
4.9. A nota da avaliación continua conservarase para o exame de segunda
oportunidade. Queda prohibido o uso de calquera
tipo de dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo
autorización expresa. O feito de introducir calquera dispositivo non
autorizado na aula durante a proba de avaliación será considerado motivo
de non superación da materia. Nese caso o alumno obterá a cualificación
de 0 (suspenso). As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo. O
estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o
procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.
A/o estudante ten dereito a optar á avaliación global segundo o
procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. No
caso de optar pola avaliación global, a materia avaliarase cun exame
que incluirá contidos desenvolvidos nas clases teóricas e os contidos e
problemas desenvolvidos durante as prácticas. A mesma metodoloxía
aplicarase para a avaliación en segunda oportunidade e na convocatoria de fin de grao.
Queda prohibido o uso de calquera tipo de dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir calquera dispositivo non autorizado na aula durante a proba de avaliación será considerado motivo de non superación da materia. Nese caso o alumno obterá a calificación de 0 (suspenso).
A duración máxima do examen será de 2,5 horas, independentemente da convocatoria. |