O modelo de avaliación é avaliación continua. O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. O exame global consistirá nun exame escrito en data oficial que cubra todos os aspectos avaliados en avaliación continua.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A materia avalíase en base a catro
parámetros:
-Exames teórico-prácticos (nota máxima 7 puntos). Consistirán en dúas probas. A primeira durante o desenvolvemento do curso e a segunda na data oficial de exame. Nestas probas avalíanse os coñecementos teóricos da materia, problemas e cuestións relacionadas cos problemas e prácticas. O primeiro exame valórase en 3,5 puntos e o segundo en 3,5 puntos.
-Resolución de problemas (nota máxima 0,5 puntos). Avaliarase a entrega da resolución aos problemas expostos
durante o curso nos prazos establecidos.
-Aprendizaxe colaborativo (nota máxima 0,5 puntos). Deberase participar nas actividades propostas durante o curso. Este apartado será avaliado en grupo.
-Prácticas (nota máxima 2 puntos). Avaliarase a entrega das memorias de prácticas durante o curso nos prazos
establecidos.
Aprobarán a materia aqueles alumnos
que consigan unha nota igual ou superior a 5 puntos. Non se fará media no caso de que
no conxunto dos exames teórico-prácticos a nota sexa inferior a 4,5; sendo a nota final de actas suspenso ata o máximo permitido. Non é posible recuperar ningunha proba a posteriori, salvo causa xustificada.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O método de Avaliación é o mesmo que o
descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE. Poderanse gardar traballos da primeira oportunidade con cualificación >5. En ningún caso gardarase a cualificación dos exames.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección
do Centro para os efectos oportunos. As probas desenvolveranse durante o cuadrimestre. O exame teórico-práctico inicial desenvolverase en data a definir e indicada ás/os estudantes con antelación suficiente. O calendario de probas de avaliación
aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado
na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames
A evaluación fin de carreira seguirá os mesmos criterios ca evaluación de 2ª oportunidade. |