Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Resistencia de materiais e elasticidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia e participación activa en todas as clases prácticas do cuatrimestre, así como a entrega en tempo e forma de toda a documentación solicitada. Puntuarase co valor indicado, sempre que no exame final se alcance polo menos o 50% da cualificación posible. Estas actividades non son recuperables. 10 B1
B2
B4
C7
C15
C18
C19
D1
D3
D5
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito de todos os contidos da materia nas datas establecidas polo centro. No caso de non alcanzar o limiar mínimo (50%), a cualificación final será a correspondente á obtida nesta proba. 40 B1
B2
B4
C7
C15
C18
C19
D1
D4
D5
D8
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían coñecementos que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, opción múltiple, emparellamento de ítems...). O estudantado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Puntuarase co valor indicado, sempre que no exame final se alcance polo menos o 50% da cualificación posible. Esta proba intermedia non é recuperable. 25 C15
C19
D4
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o estudantado deberá resolver unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións que estableza o equipo docente. Puntuarase co valor indicado, sempre que no exame final se alcance polo menos o 50% da cualificación posible. Esta proba intermedia non é recuperable. 25 C7
C15
C18
C19
D1
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será de tipo continuo, a menos que as/os estudantes renuncien a ela a través do procedemento oficial pertinente. En tal caso, a avaliación realizarase exclusivamente mediante un exame escrito, abarcando o 100% da cualificación. Este enfoque específico de avaliación denominarase avaliación global. A cualificación obtida para as prácticas de laboratorio (10%), conservarase para a avaliación en segunda oportunidade e convocatoria fin de carreira. Nas devanditas convocatorias o 90% restante da cualificación obterase mediante un exame escrito, nas datas establecidas polo centro, acerca dos contidos teóricos e/o prácticos. As prácticas de laboratorio puntuaranse co valor indicado, sempre que no devandito exame se alcance polo menos o 50% da cualificación posible.

Estudantes que renuncian oficialmente á avaliación continua

Neste caso, a nota obtida no exame final representará o 100% da calificación.

O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

Prácticas de laboratorio

A parte presencial correspondente a cada práctica realízase nunha data concreta, polo que non é posible recuperar as ausencias. Escusaranse aquelas prácticas nas que o/a estudante presente un xustificante oficial (médico, xulgado,...) debido a razóns inevitables de forza maior.

Probas de avaliación

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A duración máxima dun exame será de 3 horas se non hai pausa ou de 5 horas se hai unha pausa intermedia (sendo 3 horas o máximo para cada parte).

Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación a menos que este estea expresamente autorizado. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no curso académico actual e a nota global será de suspenso (0,0).

Compromiso ético

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais, ou exame final) a cualificación final será de SUSPENSO (0.0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Observación

No caso de discrepancia nas versións entre idiomas desta guía, prevalece a versión en castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000