O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Os alumnos que non renuncien específicamente, dacordo co párrafo anterior, se lles aplicará, como evaluación continua a nota acadada durante o curso. Que suporá un máximo dun 20% sobre a nota total Os exames parciais liberatorios ou finais: ordinario, segunda oportunidade e fin de carreira, ten un peso do 80%. O cal quere decir que o outro 20% e o acadado na evaluación continua, salvo que renuncie a ela, nese caso, terá que solicitalo según a normativa da escola e despois facer un exame mais longo, no sentido que terá mais exercicios ata un valor dun 20% equivalente a evalución continua. Todas as cualificacions obtidas previamente en todas e cada unha das probas de avaliación continua e parciais, poden gardarse para as seguintes probas: ordinaria, segunda oportunidade e exames de fin de carreira. Esperase que o alumnado amose un comportamento ético axeitado. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considérase que non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Segundo o tipo de comportamento pouco ético detectado, pódese cponcluir que o alumno/a non acadou as habilidades necesarias. Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir na aula de exames un dispositivo electrónico non autorizado terá a consideración de motivo de non superación da materia no curso académico e quedará suspendida a nota global (0.0). |