Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a entrega de informes do contido desenvolvido nas prácticas de laboratorio. 25 B1
C11
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación. A proba constará de preguntas de resposta curta, problemas e/ou preguntas tipo test. 25 B1
C11
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
Traballo Presentación oral por grupos dun tema proposto durante o desenvolvemento da materia. 10 B1
C11
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación. A proba constará de preguntas de resposta curta, problemas e/ou preguntas tipo test 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os datos correspondentes a horarios, aulas e datas de exames poderán consultarse de forma actualizada na páxina web do centro: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Avaliación continua: (sistema de avaliación predeterminado). 
Constará de distintas probas realizadas durante a
impartición da asignatura e unha proba final na data oficial, como se indica na táboa anterior, que recolle a porcentaxe de
cada proba na nota total. A continuación preséntase un resumo:

5% Entrega de informes, asistencia e participación en prácticas. 
10% Exposición oral e defensa do traballo en grupo. 
20% Exame escrito das sesións prácticas. 
25%* Exame parcial I dos contidos teóricos da primeira parte da materia (Realizarase aproximadamente á metade do cuadrimestre) 
40%* Exame parcial II dos contidos teóricos da segunda parte, nos que se considerará a comprensión global da
asignatura (realizarase na data oficial do exame da 1ª edición fixada polo centro) 

*o alumnado que deba presentarse á 2ª edición do exame (na data oficial fixada polo centro) realizará un único
exame escrito que avaliará a a totalidade dos contidos teóricos (temario avaliado nos Exames parciais I e II) e que
representará o 70% da nota. Conservará a cualificación das tres probas de prácticas (35%) 

Para aprobar a materia nesta convocatoria será necesario acadar como mínimo o 40% da nota máxima en cada unha das probas avaliadas. De non alcanzarse dito 40% nalgunha proba, a nota final estará limitada por 4.9. A nota da avaliación continua conservarase para o exame de segunda oportunidade.

Avaliación global:
nas dúas edicións oficiais, o alumnado que renuncie á avaliación continua consonte o procedemento e no prazo establecido
polo centro, seguirá un proceso de avaliación global. Constará dun único exame escrito no que serán avaliados o seu
coñecemento de todos os contidos teóricos e prácticos da asignatura, eque terá un peso do 100% da nota final.

Para superar a asignatura, segundo o sistema de avaliación global: debe acadarse un mínimo de 5 sobre 10.

Queda prohibido o uso de calquera tipo de dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir calquera dispositivo non autorizado na aula durante a proba de avaliación será considerado motivo de non superación da materia. Nese caso o alumno obterá a cualificación de 0 (suspenso).
As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo.

O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. A/o estudante ten dereito a optar á avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. No caso de optar pola avaliación global, a materia avaliarase cun exame que incluirá contidos desenvolvidos nas clases teóricas e os contidos e problemas desenvolvidos durante as prácticas. 

A mesma metodoloxía aplicarase para a avaliación na convocatoria de fin de grao.

Comportamento ético: Esperase que o alumno presente un comportamento ético adecuado na totalidade das actividades
do curso, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a
cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo (aprobado no
claustro do 18 de abril de 2023).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000