Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realización de tres exames parciais ao longo do desenvolvemento das clases sobre teoría e problemas. A primeira proba terá un peso do 20%, a segunda do 30%, e a terceira do 40 %. As probas superaranse se se alcanza unha nota de 5 (sobre 10). |
90 |
|
B2
|
C8 C16 C19
|
D1 D3 D4 D5 D6 D8
|
Avaliación global (decembro/xaneiro): o estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Nesta opción, a avaliación de teoría e problemas constará dun exame fixado para a data
oficial composto de tres probas escritas correspondentes ás
tres probas parciais desenvolvidas na avaliación continua (descrita no cadro anterior). Nestas probas
esixirase unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos
exames realizados. A avaliación das prácticas de laboratorio será a mesma que no caso da avaliación contínua. A nota final obterase como media ponderada segundo as
seguintes porcentaxes: 20% para o primeiro exame parcial, 30% para o
segundo parcial, 40% para o terceiro e 10% para o laboratorio. No caso
de que a nota ponderada supere o 5 sen que así o fixesen as notas
individuais, a nota outorgada será de 4.9.
Avaliación continua (decembro/xaneiro): o estudantado que non superase algunha (ou varias) das
probas escritas realizadas durante a avaliación continua (descrita no
cadro anterior), terá outra oportunidade no exame fixado para a data
oficial. As características deste exame foron descritas no párrafo anteior. O estudantado
deberá presentarse a parte ou ás partes non superadas. Nestas probas
esixirase unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos
exames realizados. A nota final obterase como media ponderada segundo as
seguintes porcentaxes: 20% para o primeiro exame parcial, 30% para o
segundo parcial, 40% para o terceiro e 10% para o laboratorio. No caso
de que a nota ponderada supere o 5 sen que así o fixesen as notas
individuais, a nota outorgada será de 4.9.
Para superar a materia na avaliación de segunda oportunidade ou fin de carreira requerirase
obter unha cualificación superior a 4.5 puntos sobre 9 nunha proba
escrita sobre os contidos de teoría e problemas e unha cualificación
superior a 0.5 puntos sobre 1 nunha proba escrita sobre os contidos
de laboratorio.O estudantado que levara a cabo as prácticas
previamente e foxe evaluado positivamente non necesitará realizar o
exame de prácticas conservando a nota previa Se non se cumple
algún dos requisitos previos e, nembargantes, a suma das dúas notas
supera o 5, o alumno considerarase suspenso cunha nota final de 4.9. O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola
Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames
|