O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames Primeira oportunidade. (1) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua: Para poder superar a asignatura na primeira oportunidade, mediante Avaliación Continua, será necesario: -Unha nota, en cada un dos dous exames parciais de avaliación continua, non inferior a 4.0.
-Entregar todas as prácticas e traballos da asignatura obtendo, como mínimo, unha nota de 3 en cada un deles.
-A nota media entre os 2 exames parciais (40% e 40%) e as prácticas (20%) debe ser superior a 5.0. No caso de non cumprir ditas condicións a nota final será a resultante do mínimo da nota media de EC e de 4.0. (2) Avaliación global: O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que establezca o centro para cada convocatoria.
A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado poderá renunciar oficialmente á avaliación continua e realizar un só exame final, na data oficial. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O alumnado deberá superar o 5 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio. O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global
segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Segunda oportunidade e Fin de Carrera O alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade poderá realizarán un exame que supoñerá o 100% da nota. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio. En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do centro para os efectos oportunos. |