1.
Sistemas de avaliación Prantéanse dous sistemas de avaliación: continua e global. 1.1. Avaliación continua: Con carácter xeral, esta será a
modalidade de avaliación e a cualificación final determinarase de acordo coas
seguintes valoracións: I.Prácticas de laboratorio: ata o 10 % do valor total da materia. De forma xeral, a realización das prácticas de laboratorio dunha maneira
satisfactoria é requisito indispensable para superar a materia. Por outra
parte, realizarase un exame tipo cuestionario, para o cal se fixará unha
convocatoria específica. A cualificación das prácticas dependerá da labor
experimental realizada no laboratorio e da nota obtida no cuestionario. Esta
nota quedará consolidada para a 2ª oportunidade. O alumnado que fixo as
prácticas en cursos anteriores conservará a nota conseguida no seu momento. II.Entregas de aula (test e
problemas): ata o 20 % do valor total da
materia. Ao longo do
curso, organizarase a realización de 4 entregas: 2 relativas á parte A (Temas 1-8 da materia) e 2
relativas á parte B (Temas 9-15 da
materia). Cada entrega terá unha duración de 1 hora e consistirá en 1
cuestionario de preguntas tipo test e problemas. Todas estas entregas se farán
na aula habitual e en horario de clase. A nota das entregas quedará consolidada
para a segunda oportunidade. III.Exame parcial (parte A): ata o 35 % do valor total da materia. Ao finalizar a
parte A da materia (Temas 1-8) realizarase un exame parcial, que é opcional.
Considerarase que o parcial está aprobado cando se obteña como mínimo un 3.5/10
en teoría e un 3.5/10 en problemas e 5 no resultado de aplicar a ecuación: Nota parcial A=nota teoría*0.40+ nota problemas*0.60. IV.Exame parcial (parte B): ata o 35 % da nota total da materia O exame parcial
da parte B levarase a cabo nas datas fixadas oficialmente para a 1ª e 2ª
oportunidade. Considerarase que o parcial está aprobado cando se obteña como
mínimo un 3.5/10 en teoría e un 3.5/10 en problemas e 5 no resultado de aplicar
a ecuación: Nota parcial B=nota teoría*0.40+ nota problemas*0.60. Os/as
estudantes que superasen o parcial A só terán que examinarse da parte B. Os
estudantes que non superaran a parte A ou non se presentaran, terán que
examinarse de ámbalas dúas partes nas datas fixadas oficialmente na 1ª e 2ª
oportunidade. Cálculo da nota
final e restricións A nota final da
materia será o resultado de aplicar a seguinte ecuación: Nota final=Nota parcial A*0.35+Nota parcial B*0.35+Entregas (cuestións e
problemas) na aula*0.20+Prácticas*0.10 Para superar a materia terán que obter unha nota global igual ou superior a
5 e ter unhas notas mínimas de 3.5/10 en teoría e 3.5/10 en problemas
(calculadas como medias das partes A e B do temario) e non ter notas
inferiores a 3 en ningún exame (sexa de teoría, sexa de problemas). Non obstante, nos casos nos que o resultado de aplicar a ecuación
anterior iguale ou supere o valor de 5, pero non se cumpra algún requisito de
notas mínimas dos antes citados, a nota en actas será 4.9 (suspenso). 1.2. Avaliación global: Os/as estudantes teñen dereito
a optar pola avaliación global seguindo o procedemento e o prazo que estableza
o centro para cada convocatoria. En todos os casos, a nota final da materia
calcularase avaliando un exame que terá o valor do 100% da nota e que se
calculará do seguinte xeito: Nota final=Nota teoría*0.40+Nota
problemas*0.50+Nota prácticas*0.10 Para superar a materia, terán que obter unha nota igual ou superior a 5.
Non obstante, nos casos nos que o resultado de aplicar a ecuación
anterior iguale ou supere o valor de 5, pero non se cumpran os requisitos de
notas mínimas citados para 1ª e 2ª convocatoria, terán unha nota de 4.9 en
actas. 2. Convocatoria Fin de Carreira Para a
convocatoria de Fin de Carreira, a avaliación realizarase mediante un exame de
teoría, problemas e prácticas, e a nota calcularase de maneira idéntica á
descrita na avaliación global. 3. Datas de exames As datas dos exames serán as publicadas no taboleiro de anuncios e/ou na
web do Centro. O exames realizaranse de forma presencial, salvo que a U. de
Vigo decida o contrario. |