Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame ordinario con preguntas de desenvolvemento de teoría e exercicios prácticos, sobre dos contidos tratados nas distintas sesións, a realizar:

1º parcial en torno á semana 7ª (30%).

Examen final na data establecida polo centro, que comprende: 2º parcial (30%), máis a recuperación ou mellora do 1º parcial.

60 A1
C5
D1
D3
D4
D6
D8
Prácticas con apoio das TIC Avaliación das prácticas realizadas semanalmente, que se completan na casa. Publicaranse informes periódicos coas calificacións obtidas. 30 A1
C5
D1
D4
D6
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación dun traballo realizado durante o curso, consistente no deseño de compoñentes, ensamblado dos mesmos e simulación do mecanismo. 10 C5
D1
D3
D4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua incluirá todo o traballo desenvolvido de modo presencial ou non presencial, daquelas actividadesindividuais e grupais programadas (neste último caso a cualificación será individual para cadacompoñente do grupo). A materia supérase por avaliación continua ao alcanzar o50% da puntuación máxima da proba en cada unha das 3 partes nas que se divide.

A mediados do curso (aproximadamente na semana 7ª) realizarase un exame parcial (30% da nota total). A cualificación desta primeira parte será a obtida nese exame parcial ou ben na súa recuperación no exame final. O exame final, na data fixada polo centro, constará de dúas partes: a recuperación do primeiro parcial máis o exame do segundo parcial. A cualificación do segundo parcial será a obtida no exame final desta parte (30% da nota total). O 40% restante da nota total, segundo a metodoloxía anteriormente esposta, obterase polas prácticas e traballos realizados durante o curso nas porcentaxes indicadas.

O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Nesta avaliación global, no caso de non seguir o proceso de avaliación continua, o alumno só poderá presentarse ao exame final da materia, podendo, nese caso, completar o devandito exame cunha parte correspondente ás prácticas que se ponderaría con 30% da nota e con outra parte correspondente á resolución de problemas deforma autónoma que se ponderaría co 10%. A súa cualificación será a obtida no devandito exame.

Osresultados obtidos nas probas intermedias non teñen impacto máis aló daavaliación continua na primeira oportunidade.

O alumnado que non supere a materia en primeira oportunidade deberá realizar unha proba final de segunda oportunidade, que abarcará todos oscontidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probasde resposta curta, probas de resposta longa, resolución de problemas edesenvolvemento de presupostos prácticos. Este sistema de probas será o mesmopara a convocatoria de Fin de Curso.

Datas avaliación:Segundo o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta da Escola, que se publica na súa páxina web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A parte práctica, de ser o caso, podería requerir algún tipo de prova ó marxe de tales datas.

Compromiso ético: espérase que o alumno mostre uncomportamento ético adecuado.

No caso de detectarse copia nalgunha das probas (probascurtas, exames parciais ou exame final), a cualificación será de SUSPENSO (0) eo feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000