El/La estudante tiene derecho a optar por la evaluación global según el procedimiento y el plazo que establezca el centro para cada convocatoria. Observacións xeráis: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-24 As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo. Criterios xeráis de avaliación: Para superar a materia o/a estudante debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5. Si nalgún dos bloques o alumno obtén unha nota inferior a 4, aínda que que a nota media sexa igual ou superior a 5, a materia estará suspensa e a cualificación final que figurará en acta será Suspenso (4). Criterios de avaliación para o sistema de avaliación continua 1ª oportunidade: Todos os/as estudantes que opten pola modalidade de avaliación continua serán avaliados de maneira continua mediante a realización de probas e actividades, desenvolvidas ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos no apartado anterior. Criterios de avaliación para o sistema de avaliación global 1ª oportunidade: Todos os/as estudantes que opten pola modalidade global serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente. Criterios de avaliación para 2ª oportunidade e fin de carreira: Na segunda oportunidade (Xullo) e na convocatoria de fin de carreira os/as estudantes serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente. Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación continua. Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación continua. |