CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A PRIMEIRA OPORTUNIDADE Seguindo o método da avaliación continua: Se un estudante non se presenta a proba parcial ou o exame final, asignaráselle unha cualificación de 0 puntos nela. P1: Nota da proba parcial 1; P2: Nota da proba parcial 2; F: Nota do exame final. No caso de acadar como mínimo un 4.5 no exame final, a cualificación en actas será: máx(F, 0.3*P1 + 0.3*P2 + 0.4*F) No caso de non acadar como mínimo un 4.5 no exame final, a cualificación en actas será: mín(4.5, máx(F, 0.3*P1 + 0.3*P2 + 0.4*F)) Seguindo o método da avaliación global: A calificación será a puntuación no exame final. O/a estudante ten dereito a optar pola
avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o
centro para cada convocatoria. Nótese que debido á natureza das fórmulas de avaliación, non é necesario que o alumno tome ningunha decisión. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE DE A CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (FIN DE CARREIRA)Farase unha proba con tódolos contidos da materia e a puntuación acadada será a cualificación final. DATAS DE AVALIACIÓN A proba parcial realizarase dentro do horario lectivo. As datas do exame final e da proba correspondente a segunda edición de actas serán as fixadas no calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE que se atopa publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames |