O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.
A cualificación final para alumnado con avaliación continua calcúlase do seguinte xeito - 20% cunha proba escrita ao rematar a primeira parte da materia relativa a sucesións e series
- 30% cunha proba escrita ao rematar a parte relativa a cálculo dunha variábel
- 10% como resultado das prácticas da segunda á sexta
- 40% cun exame final sobre os contidos da totalidade da materia
Para superar a materia será necesario obter no exame final un mínimo do 30% do máximo da cualificación en cada unha das tres partes nas que se divide a materia, nomeadamente: sucesións e series, cálculo nunha variábel, e cálculo diferencial de varias variábeis. No caso de non chegarse ao dito 30% nunha das partes pero a nota obtida
da ponderación fose igual ou superior a 5 puntos, a nota que figurará na acta será de 4.9 (suspenso/a).
O sistema de avaliación da segunda oportunidade é o mesmo que o da primeira oportunidade, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes á resolución de problemas e/ou exercicios e de prácticas. No caso de non asistentes e de convocatoria extraordinaria e fin de carreira, o 100% da nota corresponderá a un exame final no que se avaliarán as competencias da materia.
O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames
A duración máxima dun exame será de 3 horas se non hai pausa ou de 5 horas se hai unha pausa intermedia (sendo 3 horas o máximo para cada parte)
Compromiso ético: "Espérase que o estudantado presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento ético non axeitado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). No caso de ser necesario, poderase realizar un novo exame para verificar a adquisición de competencias e coñecementos por parte do alumnado implicado."
Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real
Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo
13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de :
"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se
realicen ou en documentos oficiais da universidade".
|