A materia introduce ao estudiante na modelización das línguas humanas, é dicir na xeración de modelos que permiten estimar a verosimilitude dun texto, unha fase esencial no deseño de calquera aplicación baseada na explotación dos seus mecanismos comunicativos. Se capacitará ao estudiante no dominio dos principios teóricos e as técnicas que permiten a súa construcción, tanto as baseadas en representacións discretas dos elementos da lingua como en representacións continuas. Especial atención recibirá a modelización en contextos de carencia de recursos lingüísticos, tanto se ésta ven motivada polo tratamento de dominios do coñecemento novedosos como pola explotación de linguas de reducida difusión.