A materia de Interfaces Intelixentes é unha introdución á creación de modernas interfaces máquina-máquina, persoa-máquina e máquina-persoa que aproveitan as vantaxes da Intelixencia Artificial nun contorno IoT. Empregaranse técnicas de aprendizaxe automática (machine learning) e procesamento da linguaxe natural (PLN) para o desenvolvemento destas interfaces. Ademais, o alumnado aprenderá métodos de interconexión e integración destes dispositivos e sistemas, favorecendo a comunicación eficiente entre diferentes compoñentes intelixentes.