A materia introduce métodos de aprendizaxe automática supervisada, co obxectivo de construír sistemas susceptibles de ser modelados a partir dos coñecementos contidos nun conxunto de datos formativos. O alumno formarase no tratamento de problemas de predición numérica (regresión) e clasificación, condicionando a elección da estratexia específica ao escenario considerado en cada caso. Tamén se describirán estratexias de regularización e estabilidade, co fin de maximizar o rendemento dos modelos.