SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA PROBA 1: Avaliación teórica Descrición: Proba obxectiva na que se examinará aos alumnos sobre os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas de desenvolvemento. % Calificación: 30% Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A3, A4, A5, B1, B2, B3, B4, B5, C2, C3, D2, D3 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3
PROBA 2: Prácticas de laboratorio Descrición: Entrega e defensa ante o profesor de tódalas prácticas de laboratorio plantexadas ao longo do curso nas datas estipuladas. Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de laboratorio. % Calificación: 40% Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A3, A4, A5, B1, B2, B3, B4, B5, C2, C3, D2, D3 Resultados previstos na materia avaliados: RA1
PROBA 3: Avaliación teórica Descrición: Proba obxectiva final na que se examinará aos alumnos sobre os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas de desenvolvemento. % Calificación: 30% Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A3, A4, A5, B1, B2, B3, B4, B5, C2, C3, D2, D3 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3
Para aprobar a asignatura será necesario obter polo menos o 40% da nota máxima na suma das dúas avaliacións teóricas (2,4 sobre 6), que as prácticas sexan presentadas e defendidas no tempo e prazo especificado polo profesor, e que a suma das notas de teoría e prácticas alcance, polo menos, o 50% da nota máxima da materia (5 sobre 10).
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: Se considera que o estudiantado opta polo sistema de avaliación global se así o notifica nun escrito firmado dixitalmente, e enviado por correo electrónico ao coordinador da asignatura no primeiro mes despois do comienzo das clases. PROBA 1: Avaliación teórica Descrición: Proba obxectiva na que se examinará aos alumnos sobre os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas de desenvolvemento. % Calificación: 60% Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A3, A4, A5, B1, B2, B3, B4, B5, C2, C3, D2, D3 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3
PROBA 2: Prácticas de laboratorio Descrición: Entrega e defensa ante o profesor de tódalas prácticas de laboratorio plantexadas ao longo do curso nas datas estipuladas. Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de laboratorio. % Calificación: 40% Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A3, A4, A5, B1, B2, B3, B4, B5, C2, C3, D2, D3 Resultados previstos na materia avaliados: RA1
Para aprobar a asignatura será necesario obter polo menos o 40% da nota máxima na avaliación teórica (2,4 sobre 6), que as prácticas sexan presentados e defendidas no tempo e prazo especificado polo profesor, e que a suma das notas de teoría e prácticas alcance, polo menos, o 50% da nota máxima da materia (5 sobre 10).
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA Aplicarase o mesmo sistema que na avaliación global exposta anteriormente, a tódolos alumnos.
PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS A nota da asignatura será a suma das notas da(s) proba(s) teórica(s) e das prácticas, salvo que: a) algunha das prácticas non sexa entregada e defendida no prazo establecido polo profesor. b) a nota da avaliación teórica sexa inferior ó 40% da nota máxima (2,4 sobre 6). Nestes dous casos, as notas das partes teórica y práctica serán sumadas, ata un máximo de 4 (sobre 10). c) o alumno non se presente a proba teórica algunha. Nese caso, constará como "non presentado".
DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/ As datas oficiales de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/exames/
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en exercicios, prácticas e exames, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Abstenerse de la utilización o cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos oficiales de la universidad".
CONSULTA/SOLICITUDE DE TUTORÍAS A tutorías pódense consultar a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ |