Nos sistemas de avaliación que aparecen reflectidos na memoria do grao utilízase a metodoloxía de avaliación de "Resolución de problemas e/ou exercicios" e realizaranse presencialmente nas condicións que estableza o profesor, respectando que o 25% correspóndese coa realización de exercicios e o 75% coa superación de probas parciais e finais. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA PROBAS TEÓRICAS Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período formativo vinculado á materia e que incluirán a avaliación de conceptos teóricos, de identificación dos modelos de optimización adecuados e das interrelacións entre optimización matemática e aprendizaxe automática. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 20% (ningunha proba superará o 10%). Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas. Resultados previstos na materia: RA1, RA3, RA4. ---------------------------------------------------------------------------- PROBAS PRÁCTICAS Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período formativo vinculado á materia e que incluirá a resolución de problemas e/ou exercicios. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 80% (ningunha proba superará o 40%). Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas. Resultados previstos na materia: Todos . ---------------------------------------------------------------------------- PROBA FINAL Descrición: Incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e resolución de problemas e/ou exercicios co obxectivo de comprobar que o alumnado afianzou os contidos da asignatura. O estudante que obtivera unha nota igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) na media ponderada do conxunto de todas as probas realizadas ao longo do período formativo vinculado a asignatura está exento de realizar esta proba. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 100%. Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas. Resultados previstos na materia: Todos ---------------------------------------------------------------------------- - Se un estudante non se presenta a algunha das probas, salvo na proba final, asignaráselle unha cualificación de 0 nela.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: O estudantado deberá de comunicar ao coordinador da materia a renuncia ao sistema de avaliación continua antes do último día do período formativo vinculado á materia. PROBA DE AVALIACIÓN GLOBAL Descrición: Proba que incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e resolución de problemas e/ou exercicios. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 100%. Resultados de Formación e Aprendizaxe evaluados : Todas. Resultados previstos na materia: Todos . CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARACONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA Empregarase o sistema de avaliación global. PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS Para a cualificación en actas terase en conta aseguinte casuística: - Os estudantes que opten polo sistema de avaliación global recibirán a cualificación obtida na proba de avaliación global.
- Os estudantes que opten polo sistema de avaliación continua:
- Se se presentan á proba final recibirán a cualificación obtida en devandita proba final.
- Se non se presentan á proba final:
- Se obtiveron unha nota media ponderada inferior a 5 puntos (sobre 10) nas probas teóricas e prácticas, recibirá a cualificación de "Non presentado".
- Noutro caso, recibirá a nota media ponderada das probas teóricas e prácticas como cualificación final.
DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. PROCEDEMENTOS FRAUDULENTOS Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ...)nalgunha das actividades de avaliación (artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario ) terá unha cualificación final de suspenso neste curso académico. Este feito seralle comunicado á autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas. CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través da https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/. |