SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA PROBA 1: Exame de preguntas obxectivas Descrición: Proba obxectiva de conceptos teóricos que inclúe preguntas
pechadas con diferentes alternativas de resposta. Metodoloxía aplicada: Exame de preguntas obxectivas. % Cualificación: 40%. Durante o curso realizaranse probas de micro-test nas
que se avaliará a comprensión dos contidos dos temas, cualificando en total ata
un 10 % da materia. O 30% restante avaliarase nunha proba final que levará a
cabo nas datas oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación
(ordinaria e extraordinaria). % Mínimo: Para liberar esta parte da
materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4
puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: A1, A2, C9. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3. PROBA 2: Prácticas de laboratorio Descrición: Entrega de todas as prácticas de laboratorio expostas ao longo
do curso nas datas estipuladas previamente. Metodoloxía aplicada: Estudo de casos e Presentación. % Cualificación: 40% % Mínimo. Para a liberar esta parte da materia o estudante deberá obter
unha cualificación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: B2, C9, C10, C11, D1, D3, D4. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA3, RA4. PROBA 3: Proxecto - Plan de empresa Descrición: Proxecto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo
unhas normas establecidas. Cualificarase o traballo desenvolvido ao longo do
curso e a entrega final no prazo estipulado. Metodoloxía aplicada: Traballo. % Cualificación: 20%. % Mínimo. Para a liberar esta parte da materia o estudante deberá obter
unha cualificación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: A2, B2, D6. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA4, RA5. Poderá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polo
alumnado, como a participación activa nas clases. O alumnado matriculado manifestará formalmente a súa intención de acollerse
ao sistema de avaliación continua. En todo caso, considerarase que o estudante
opta polo sistema de avaliación continua ao presentarse a calquera das probas
de avaliación continua. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global.
Considérase que o estudantado opta polo sistema de avaliación global se non se
presenta ás probas do sistema de avaliación continua. Unha vez superado o prazo
dun mes desde o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 10 días
hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención
de acollerse ao sistema de avaliación global. PROBA 1: Avaliación teórica Descrición: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos teóricos e
resolución de exercicios. Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas obxectivas. % Cualificación: 50% % Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter
unha cualificación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: A1, A2, C9. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3. PROBA 2: Avaliación práctica Descrición: Resolución de casos e preguntas prácticas Metodoloxía(s) aplicada(s): Estudo de casos. % Cualificación: 50% % Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter
unha cualificación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: B2, C9, C10, C11, D1, D3, D4, D6 Resultados de aprendizaxe avaliados: RA4, RA5. AVALIACIÓN 2ª EDICIÓN DE ACTAS Na 2ª edición de actas o alumnado de avaliación continua conserva a nota
obtida nas probas 2 (prácticas de laboratorio) e proba 3 (proxecto) sempre que
non sexan inferiores 4 (se fosen inferiores o alumnado tería a oportunidade de
presentar traballos extra para alcanzar o aprobado) e pode realizar unicamente
a proba 1 (exame). É necesario alcanzar un mínimo de 4 en cada unha das probas
para que fagan media. Ao alumnado acollido á Avaliación global aplicarase o mesmo sistema de
avaliación empregado na 1ª edición de actas. CONVOCATORIA FIN DE CARRERA Os estudantes que cumpran as condicións establecidas pola Universidade de Vigo
para o exame final de carreira realizarán un único exame. Utilizarase o mesmo
sistema de avaliación aplicado para a avaliación global. PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS No caso de non alcanzar a cualificación mínima esixida nalgunha proba para
superar a materia, e a puntuación total sexa igual ou superior a 4,5 (sobre
10), a nota na acta será de 4,5 (sobre 10). DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua
publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI
https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas
oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en
exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do
Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que
establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en
procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se
realicen ou en documentos oficiais da universidade." CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado,
accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ |