A materia presenta as bases necesarias para comprender e realizar a adquisición e o procesamento de sinais dixitais de diversos tipos e orixes. Traballarase con sistemas empotrados, limitados en recursos, e utilizaranse redes de sensores de diversos tipos, que son de uso cada vez máis frecuente como fontes de datos para moitos desenvolvementos e aplicacións da intelixencia artificial.