Traballo |
1. O Tribunal asignará o 100% da nota do TFG, atendendo á rúbrica aprobada na normativa de TFG para a titulación de Grao en Enxeñaría Informática.
2. O plaxio, entendendo como tal a presentación como propia dun traballo realizado por outra persoa, ou como a copia de textos sen citar a súa procedencia, comportará as responsabilidades nas que puideran incorrer os/as estudantes que plaxien. O Tribunal avaliador será o responsable de informar destas actividades no xeito que estableza a normativa da Universidade de Vigo e de interpretar e valorar a magnitude do plaxio e o seu reflexo na nota final que pode comportar, se así o decide o Tribunal, a cualificación numérica de cero na materia.
Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3. |
100 |
A5
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C12 C13 C14 C22 C23 C26 C28 C30
|
D4 D5 D6 D8 D11
|
A cualificación obtense polo traballo realizado, o que supón o 100% da nota.
DATAS DE PRESENTACIÓN NAS DIFERENTES CONVOCATORIAS As datas de avaliación son as aprobadas pola Xunta de Centro da ESEI, e publicadas na páxina na web da ESEI no seguinte enlace (Traballo Fin de Grao | Escola Superior de Enxeñaría Informática (uvigo.es)) na sección de calendarios. |