As probas tipo test e de resposta longa realizaranse na mesma sesión,
tanto en avaliación continua como en primeira e segunda convocatoria,
tanto para alumnos asistentes ou non asistentes. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTÍNUA. Só se poderá utilizar este sistema de avaliación para a primeira edición das actas. Realizaranse dúas probas escritas e unha proba con formato práctico. Proba
1. Tipo test e resolución de problemas (preguntas obxectivas e
preguntas de desenvolvemento). Cualificación 40%. Realizarase ao longo
do período lectivo anunciada con polo menos unha semana de antelación na
web da ESEI. Proba 2. Tipo test e resolución de problemas
(preguntas obxectivas e preguntas de desenvolvemento). Cualificación
40%. Realizarase na data asignada á proba da 1ª edición das actas.
Proba práctica. Cualificación 20%. Realizarase na contorna de prácticas
ao longo do período lectivo anunciada con polo menos unha semana de
antelación na web da ESEI. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Considérase
que o estudantado opta polo sistema de avaliación global se non se
presenta á Proba 1 do sistema de avaliación continua. Primeira edición das actas: este sistema utilizarase para o alumnado que non opte pola avaliación contínua. Segunda edición das actas e edición Fin de Carrera: este sistema utilizarase para todo o alumnado.
Proba única: proba tipo test e de resposta longa.
Cualificación: esta proba puntuará 100%. PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS Independentemente
da convocatoria, na cualificación en actas súmanse os puntos obtidos en
cada unha das partes avaliadas segun os criterios de avaliación
especificados. DATAS DE AVALIACIÓN As datas das
probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicarase no
calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI.
https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. As datas oficiais de
exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de
Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI.
https://esei.uvigo.es/docencia/exames/. EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES Lémbrase
a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en
exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do
Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado
universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou
cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos
traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade." CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS As
titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado,
accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ |