SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA ENTREGAS TEORÍA (ET): Descrición: Entregas realizadas na aula en clase de teoría para valorar o progreso e a asistencia, así como o aproveitamento da clase e o traballo previo do alumnado, poderían ser entregas tanto de tipo test a través da plataforma moovi como exercicios realizados en papel Metodoloxías aplicadas: Resolución de problemas % Cualificación: 15% % Mínimo: media de 5 (sobre 10) Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, B3, B4, B5, B6, B9, C7, C22, C28, C30, C33, D4, D5, D6, D7, D8, D10, D11, D12, D14 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA5, RA6 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ENTREGAS PRÁCTICAS (EP): Descrición: Entregas realizadas na aula en clase de prácticas para valorar o progreso e a asistencia, así como o aproveitamento da clase e o traballo previo do alumnado, preferentemente realizadas en grupo, podería requirirse a defensa dalgunha entrega para verificar o grado de participación no traballo do grupo Metodoloxías aplicadas: Prácticas de laboratorio % Cualificación: 15% % Mínimo: media de 5 (sobre 10) Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, B1, B3, B4, B5, B6, B9, C7, C14, C22, C25, C26, C28, C30, C33, D4, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D14 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- PRESENTACIÓN/DEBATE (DB): Descrición: Exposicións realizadas como consecuencia de debates, comprensión de textos, ou como explicación de solucións de prácticas de laboratorio Metodoloxías aplicadas: Debate, Presentación % Cualificación: 10% % Mínimo: media de 5 (sobre 10) Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A4, B1, B3, B4, B5, B6, B9, C7, C14, C22, C25, C26, C28, C30, C33, D4, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D14 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- PROBA 1 (P1): Descrición: Pode constar tanto de preguntas de resposta curta, como de resposta larga, preguntas tipo test, marcar se unha frase é verdadeira ou falsa, e terase en conta a caligrafía, redacción, presentación e faltas de ortografía. Realizarase aproximadamente a metade do cuadrimestre para avaliar os contidos vistos hasta ese momento Metodoloxías aplicadas: Exame de preguntas de desenvolvemento % Cualificación: 30% % Mínimo: 5 (sobre 10) Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A4, B1, B3, B4, B5, B6, B9, C7, C14, C22, C25, C26, C28, C30, C33, D4, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D14 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- PROBA FINAL (PF): Descrición: Pode constar tanto de preguntas de resposta curta, como de resposta larga, preguntas tipo test, marcar se unha frase é verdadeira ou falsa, ou explicación ou realización de diagramas de deseño, e terase en conta a caligrafía, redacción, presentación e faltas de ortografía. Realizarase na data oficial de avaliación Metodoloxías aplicadas: Exame de preguntas de desenvolvemento % Cualificación: 30% % Mínimo: 5 (sobre 10) Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A4, B1, B3, B4, B5, B6, B9, C7, C14, C22, C25, C26, C28, C30, C33, D4, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D14 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- A avaliación anterior, coas porcentaxes de
cualificación indicados (15% ET+ 15% EP+ 10% DB + 30% P1 + 30% PF) é válida para estudantes que sigan a modalidade de avaliación continua, para iso: - É obrigatorio subir
unha foto tipo carné con boa resolución ó perfil da plataforma moovi (tanto no campo Imaxe do Usuario como en Descrición) ó principio do curso - Tense que realizar practicamente TODAS as tarefas propostas, en caso de non realizar algunha actividade avaliable será cualificada como 0
- En caso de non superar a primeira proba (P1) se poderá recuperar na data oficial de exame
- Pódese optar pola avaliación global en calquera momento, sen necesidade de realizar unha elección expresa, pero en calquera caso se recomenda seguir realizando as tarefas e entregas propostas como preparación
- A cualificación final será a máis alta do cálculo das fórmulas dos dous sistemas de avaliación
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: Pódese optar pola avaliación global en calquera momento, sen necesidade de realizar unha elección expresa, pero é recomendable facer un seguimento das tarefas realizadas tanto na aula como no laboratorio aínda que se opte por esta opción PROBA: Descrición:
Avaliarase cun exame que consta de dúas partes - Unha primeira parte
correspondente coa primeira proba P1 da avaliación continua, cos contidos teóricos e prácticos impartidos hasta aproximadamente a metade do curso. Pode constar tanto de preguntas de resposta curta, como de resposta larga, preguntas tipo test, marcar se unha frase é verdadeira ou falsa, e terase en conta a caligrafía, redacción, presentación e faltas de ortografía.
- Unha segunda parte correspondente coa proba final PF da avaliación continua, onde se avaliarán os contidos teóricos e prácticos que non foron obxecto de avaliación na primeira proba. Pode constar tanto de preguntas de resposta curta, como de resposta larga, preguntas tipo test, marcar se unha frase é verdadeira ou falsa, ou explicación ou realización de diagramas de deseño, e terase en conta a caligrafía, redacción, presentación e faltas de ortografía.
Metodoloxías aplicadas: Exame de preguntas de desenvolvemento %
Cualificación: 100% (50% cada parte) % Mínimo: 5 (sobre 10) en cada una de las dos partes Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2, A4, B1, B3, B4, B5, B6, B9, C7, C14, C22, C25, C26, C28, C30, C33, D4, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D14 Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6
CRITERIOS
DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA Empregarase o sistema de avaliación global exposto anteriormente No caso de ter partes da avaliación continua superadas gardaranse para a convocatoria extraordinaria e a cualificación final será a máis alta do cálculo das fórmulas dos dous sistemas de avaliación
PROCESO DE
CUALIFICACIÓN DE ACTAS Independentemente da convocatoria e o tipo de avaliación, para
superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5
sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na avaliación. En
caso de que algunha das partes estea suspensa, a cualificación final máxima será 4.0 (SUSPENSO)
DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ó sistema de avaliación continua serán publicadas no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/exames
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de Absterse "da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade"
CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado |