Guia docente 2024_25
Escuela Superior de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Física: Sistemas dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As persoas matriculadas nesta materia que opten pola modalidade de avaliación continua teñen que facer unha serie de prácticas no laboratorio de Electrónica. Ditas prácticas consistirán na montaxe e/ou simulación de diversos circuítos. O seu enunciado publicarase oportunamente en Moovi (https://moovi.uvigo.gal). A súa influencia na nota final da primeira oportunidade de avaliación detállase no Apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
As persoas matriculadas nesta asignatura que opten pola modalidade de avaliación global non teñen que facer obrigatoriamente as prácticas de laboratorio.
Competencias avaliadas: todas
Resultados previstos da materia: todos
20 A1
B4
B5
B6
B8
C2
C3
C10
C14
C27
C32
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento As persoas matriculadas na materia que opten pola modalidade de avaliación continua teñen que facer 2 exames escritos, valorado cada exame cun máximo de 4 puntos. En ditos exames exporanse diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia. O primeiro exame farase cando transcorra (aproximadamente) a metade do período lectivo. A data de dito exame publicarase oportunamente na páxina web da materia, en Moovi (https://moovi.uvigo.gal). A súa duración non superará as 2 horas. O segundo exame farase ao finalizar o cuadrimestre, na data indicada no calendario oficial de exames, publicado en http://www.esei.uvigo.es.
As persoas matriculadas nesta asignatura que opten pola modalidade de avaliación global teñen que facer 1 examen, na data indicada no calendario oficial de exámees, publicado en http://www.esei.uvigo.es.
A cualificación dos exames así como a súa influencia na nota final detállase no apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
Competencias avaliadas: todas
Resultados previstos da materia: todos
80 A1
B4
B5
B6
B8
C2
C3
C10
C14
C27
C32
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

PROBA 1: Avaliación teórica

Descrición: Proba obxectiva que incluirá a avaliación de conceptos teóricos e resolución de exercicios.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas de desenvolvemento.

% Cualificación: 40%

% Mínimo : Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ousuperior a 5 puntos (sobre 10)

Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: todos.

Resultados previstos na materia avaliados: todos.

PROBA 2: Avaliación teórica

Descrición: Proba obxectiva que incluirá a avaliación de conceptos teóricos e a resolución de exercicios.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas de desenvolvemento.

% Cualificación: 40%

% Mínimo: Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10)

Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: todos.

Resultados previstos na materia avaliados: todos.

PROBA 3: Prácticas de laboratorio

Descrición: Realización de todas as prácticas de laboratorio nas datas indicadas polo profesorado da materia.

Metodoloxía(s)aplicada(s): Prácticas de laboratorio

% Cualificación: 20%

% Mínimo: Para a liberación desta parte da materia deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre10).

Resultados deformación e aprendizaxe avaliados: todos.

Resultados previstos na materia avaliados: todos

• Os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua descrito anteriormente.

• Se un estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle unha cualificación de 0 puntos nela.

• Se un estudante non asiste a algunha das prácticas de laboratorio, sin unha causa xustificada, asignaráselle unha cualificación de 0 puntos nela.

SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBAL

Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: unha vez superado o prazo dun mes
desde o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para
que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse
ao sistema de avaliación global.

PROBA: Avaliación teórica

Descrición: Proba obxectiva que incluirá avaliación de
conceptos teóricos e a resolución de exercicios.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de
preguntas de desenvolvemento.

% Cualificación: 100%.

% Mínimo: Para aprobar a materia o estudante deberá
obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

Resultados de
formación e aprendizaxe avaliados
: todos.

Resultados previstos na materia avaliados: todos.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARRERA: empregarase o sistema de avaliación global exposto anteriormente.

PROCESO DECUALIFICACIÓN DE ACTAS: Independentemente do sistema de avaliación e da convocatoria, en caso de non superar algunha parte da avaliación e a puntuación global sexa superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.

DATAS DE AVALIACIÓN : as datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse na páxina da asignatura en moovi.

As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/exames/.

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES : lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles nos exames e nas prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."

TITORÍAS: para solicitar unha titoría cun profesor da materia hai que enviarlle un correo á dirección de correo que se indica na páxina da materia en moovi. 

Normas relativas ás clases, aos exames, ás titorías e ás revisións dos exames:

_ Nos exames débese responder ás distintas cuestións e problemas empregando correctamente a simboloxía normalizada ANSI/IEEE Std.991-1986. De non facelo así, non se puntuará o correspondente exercicio. Hai que xustificar todos os resultados que se obteñan. De non facelo así non se puntuará o correspondente exercicio. Á hora de puntuar un exercicio non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta. Con independencia de todas as posibles solucións matemáticas ou electrónicas que poida ter un problema, só se valorarán aquelas que teñan sentido desde o punto de vista da Electrónica e da Enxeñería. Se de acordo co enunciado dun problema pódense expor varias solucións, a única que sepuntuará será aquela cuxa implementación requira a utilización dun menor número de compoñentes, a vez que un menor número de compoñentes distintos, sendo estes o máis sinxelos que sexa posible.

_ Non se corrixirá ningún exercicio que presente faltas de ortografía ou ben caracteres ou símbolos ilexibles. Tampouco se corrixirá ningún exercicio escrito con lapis ou con bolígrafo de cor vermella ou verde.

_ Non se corrixirá ningún exame ao que lle falte algunha das follas do enunciado ou ben algunha das follas que se faciliten para responder as preguntas do exame. Non se pode fotografar o enunciado dos exames.

_ Durante os exames non se poden utilizar nin ter ávista libros, apuntamentos, calculadora, teléfono móbil, tablet etc. Se durante un exame unha persoa utiliza ou ten á vista un teléfono móbil, non se lle corrixirá dito exame e poñeráselle un cero na correspondente convocatoria. No caso de detectar a unha persoa copiando nun exame, a cualificación final será de supenso (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Durante a revisión dun exame non se pode ter á vista un teléfono móbil ou tablet.

_ Non se pode fotografar un exame e en caso de facelo poñeráselle un cero na correspondente convocatoria. Tampouco se pode fotografar o que escriban os profesores da materia nos encerados durante as clases ou gravar (audio e/o vídeo) as clases teóricas, as clases prácticas e as titorías.

_ Á hora de deseñar un circuíto hai que utilizar o menor número de compoñentes (portas lóxicas e/ou bloques funcionais) que sexa posible. Non se poden inventar compoñentes (portas lóxicas e/o bloques funcionais). Só se poden utilizar compoñentes comerciais ou unha ampliación dos mesmos no que se refire ao número de entradas e/ou de saídas.

_ Non se gardan as prácticas feitas en cursos pasados.

_ Penalizarase poñer compoñentes nun problema que non teñan utilidade algunha en relación a dito problema.

_ Á hora de debuxar un diagrama de estados que describa o comportamento dun sistema secuencial ou ben se utiliza un modelo de tipo Moore ou ben se utiliza un modelo de tipo Mealy. En ningún caso se admitirá como válido outro tipo de modelo (ou representación).


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000