O Traballo Fin de Máster é un traballo tutelado que se realizará durante o terceiro cuadrimestre e ten como obxectivo a aplicación dos coñecementos adquiridos neste Máster para a elaboración e deseño dun proxecto vencellado aos desafíos das cidades dende unha perspectiva arquitectónica, ambiental, tecnolóxica, socioeducativa, política ou económica.
A este traballo correspóndelle un total de 30 créditos e para superalo é necesario a elaboración dun informe e a súa defensa pública