Contidos relacionados con algún dos módulos do máster.O tema do TFM poderá estar relacionado con algún problema identificado no contexto institucional no que foi realizado o Practicum. Neste sentido, a utilidade do traballo será un criterio a considerar na avaliación do TFM. |
O enfoque desde o que se aborda o problema pode ser diverso e ter diferentes obxectivos; por exemplo:
• Avaliación dalgún aspecto profesional do Servizo ou Institución onde se realizaron as prácticas.
• Deseño dun programa de intervención, suficientemente detallado como para poder ser aplicado. Deberá ter en conta a perspectiva da diversidade abordada no Máster.
• Aplicación e avaliación dun programa de intervención.
• Estudo de casos
|