AVALIACION CONTINUA Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avalición continua (obrigatorio asistir polo menos a 4 das 6 sesións). O/a alumno/a que falte a unha sesión deberá poñerse en contacto co/a docente para realizar a/s tarefa/s alternativa/s correspondente/s para seguir a avaliación continua. Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% de cualificación nese apartado. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non poida seguir a avaliación continua terá unha proba de avaliación sobre os contidos nucleares da materia na data marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba suporá o 100% da puntuación, os seus pormenores e características serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi, denominado “Alumnado non asistente” no que se presentarán os detalles da mesma. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vidal aboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para educadores en exercicioq ue acrediten un horario incompatible coas clases presenciales; en todo caso, garantindo a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. As datas dos exames oficiais poden consultarse na web do Mestrado:http://masterdiversidade.webs.uvigo.es/gl/ |