1. Asistir o primeiro día de clase resultarache moi beneficioso para comprender os obxectivos xerais da materia e a súa dinámica organizativa. Na primeira sesión, os profesores da materia darán unha visión de conxunto e anticiparán as tarefas e actividades que serán desenvolvidas.
2. Será especialmente importante acudir ás titorías dos/as profesores/as sempre que o necesites, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade “TEMA”. Nela poderás atopar todas as actividades que deberás realizar para a túa formación e a superación desta materia, avisos, cualificacións, etc.
3. A túa condición de alumno/a da Universidade de Vigo ábreche as portas a moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE atoparás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes encontrar na nosa Universidade.
4. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
|