Código |
Descrición |
A5 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B1 |
Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas. |
B2 |
Coñecer e analizar as situacións reais de diversidade que se poden ver reflectidas nos contextos educativos, tanto formais como non formais, empregando procesos sistemáticos de indagación. |
B3 |
Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa diversidade, valorando o seu interese e as posibilidades de ser transferidas a outros contextos profesionais semellantes, así como de ser aplicables a situacións novas e emerxentes. |
C2 |
Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras |
D1 |
Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc. |
D2 |
Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de portafolios |