A presente materia vaise a centrar nas compensacións das desigualdades na educación dende unha perspectiva multidisciplinar e dende diferentes vertentes (marco legal, exemplos de proxectos, interculturalidade, reducción de estereotipos e prexuixos e aprendizaxe cooperativa).
No mantemento e reproducción das desigualdades sociais inflúen, entre outros aspectos, as creenzas estereotipadas, actitudes, prexuizos e representacións sociais respecto a distintos grupos (e por engadido, ás persoas que os integran), froito dun proceso de categorización social. Neste senso, a educación pode e debe funcionar como un instrumento de redución de estereotipos e prexuizos fronte a desigualdades sociais ou económicas. Propóñense distintas estratexias para conseguir ese obxectivo, facendo especial fincapé na aprendizaxe colaborativa-cooperativa en grupo, a través de diversas modalidades, como unha ferramenta eficaz neste campo.