Código |
Descrición |
C1 |
Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar |
C2 |
Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras |
C5 |
Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica |
C6 |
Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional |
C7 |
Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade |
C8 |
Planificar e organizar traballos tutelados, sendo capaz de buscar e analizar información procedente de diferentes fontes, obter e analizar datos e elaborar con corrección un informe relacionado con algún dos módulos do mestrado |
C10 |
Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais, mediante a utilización de narracións autobiográficas |
C12 |
Ser capaz de emitir unha valoración crítica sobre programas, materiais e prácticas educativas e socio-educativas relacionadas coa diversidade |
D2 |
Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de portafolios |
D3 |
Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade |
D4 |
Adquirir as habilidades básicas para o debate e a exposición de ideas fundamentadas |