As actividades non superadas na 1ª convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas. O alumnado que por motivo xustificado non poda asistir a todas as sesións presenciais contará con actividades alternativas. “En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)” “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para educadores en exercicio que acrediten un horario incompatible con las clases presenciales; en todo caso, garantizando a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para este alumnado” Recomendacións, “outros comentarios” Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). Os dez puntos da calificación global da materia coresponderán a: - 1 PUNTO: Participación na actividade do módulo e realización de tarefas derivadas da mesma. - 1.5 PUNTOS: Traballos, presentacións e/ou actividades de aula (Tema 1). - 1.5 PUNTOS: Traballos, presentacións e/ou actividades de aula (Tema 2) - 1.5 PUNTOS: Traballos, presentacións e/ou actividades de aula (Tema 3). - 1.5 PUNTOS: Traballos, presentacións e/ou actividades de aula (Tema 4). - 3 puntos: Traballo de reflexión sobre textos recomendados sobre interculturalismo Para facilitar unha perspectiva global máis coordenada da materia, o alumnado deberá utilizar o POWER POINT facilitado, sobre os aspectos transversales máis relevantes. Alén diso, nas actividades de cada tema avaliaráse positivamente o esforzo de relacionar os diferentes aspectos da materia. |