O TFG será presentado e defendido polo seu autor ou autora perante un tribunal unipersoal que estará constituido pola persoa titora do TFG. A cualificación (de 0 a 10) realizarase de xeito motivado seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliación contemplada na Guía Didáctica do TFG. O TFG debe cumprir necesariamente os seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe; (2) respectar a extensión máxima permitida (5.000 - 10.000 palabras); e (3) incluír un apartado de resultados empíricos. Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda oportunidade no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ben na segunda oportunidade, o tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Alumnado con necesidades específicas: En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Datas oficiais das defensas: As datas oficiais de defensas poden consultarse na web da facultade no espazo "Traballo fin de grao". http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/traballo-fin-de-grao/ |