As datas oficiais dos exames poden
consultarse na web da Facultade de Educación e do Traballo Social no espazo
datas de exames 2024/2025. Aplicarase un sistema de avaliación
continua de contidos e de competencias traballadas na materia. O alumnado que ao longo do cuadrimestre superase
as probas e os traballos, que se realizan periódicamente, non terán que
presentarse na convocatoria oficial da Facultade. Por tanto, as partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, en consecuencia, como aprobadas nese curso académico. 1) Avaliación continua. Inclúe proba obxectiva, estudos de
caso, presentación de proxectos e actividades autónomas titorizadas que serán
entregadas na plataforma virtual, que se utilice na materia (i.e., MOOVI).
Ademais, valórase positivamente a participación do alumnado en encontros
científico-académicos recomendados pola súa contribución ao coñecemento da
materia, así como a realización e participación en actividades adicionáis, de
carácter voluntario, que axuden pola súa aportación e interés a avanzar na
comprensión da materia. 2) Avaliación global. Inclúe proba obxectiva, estudos de
caso, presentación de proxectos e actividades autónomas titorizadas que serán
entregadas na plataforma virtual, que se utilice na materia (i.e.,
MOOVI). Ademais, valórase positivamente a
participación do alumnado en encontros científico-académicos recomendados pola
súa contribución ao coñecemento da materia, así como a realización e
participación en actividades adicionáis, de carácter voluntario, que axuden
pola súa aportación e interés a avanzar na comprensión da materia. Será de obrigado cumprimento
informar á profesora da materia, ao comezo do curso, que se optará pola
modalidade de avaliación global, co propósito de poder propor e orientar sobre
tema obxecto de estudo no traballo tutelado. O alumnado que opte por esta modalidade
deberá entregar as prácticas na plataforma MOOVI no prazo establecido, na
materia. A parte práctica da materia serán avaliadas a través dunha proba, na
que se preguntará sobre os coñecementos que se adquiriron nas prácticas e no
traballo tutelado. Será considerado na modalidade de
avaliación global o alumnado que polo xeral, non consigan o 80% de asistencia.
O estudantado que opte por esta modalidade non poderá presentarse as probas
continuas que se realicen na materia, terá obrigatoriamente que presentarse a
proba final, que establece o calendario da FETS, e que estará publicado na web
da Facultade. De non ter superada a materia, as
competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Segunda convocatoria, xullo. Valórase a evolución do progreso do
alumnado na adquisición de competencias. O alumnado só se ten que examinar dos
contidos e destrezas que non chegou a superar na convocatoria de xullo, ao
conservarse a cualificación das competencias adquiridas. O alumnado terá de
data límite para entregar o dossier de prácticas, os estudos de caso e o estudo
bibliográfico, o día do exame oficial publicados na páxina web da Facultade de
Ciencias da Educación. A proba obxectiva levará a cabo o
día do exame oficial publicados na páxina web da Facultade de Educación e do
Traballo Social. A cualificación final será
resultado do nivel de competencia conseguida, con relación aos obxectivos da
materia, na convocatoria de xuño e xullo. O alumnado que opte pola avaliación
global debe planificar o tema obxecto de estudo do traballo tutelado dende
inicio do curso, e a súa presentación farase o día do exame oficial, previa
entregada do mesmo na plataforma MOOVI. En coherencia co carácter inclusivo
que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá
ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Esta materia enmárcase nunha
Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas.
Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base
a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade
(ODS).
|