Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Xénero, violencia e intervención social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas sesións maxistrais exponse os contidos teóricos da materia. O profesorado proporcionará todo o material explicado na clase. Ao longo do proceso de instrución introdúcese metodoloxía que facilitan o desenrolo da metamemoria e metacoñecemento.
Seminario As títorías empréganse para levar a cabo o seguimento dos traballos de grupo, e poder avaliar as achegas de cada alumno/a, tanto de avaliación continua como global.
Tamén se proporciona retroalimentación aos problemas plantexados e resolución que aporta cada estudante.
Traballo tutelado Os estudantes responden as diversas cuestións que miden o grao de comprensión dos contidos abordados nas sesións.

Para estudantes de avaliación continúa
Os estudantes traballan por equipos, seguindo a metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, e guiados por un plan de traballo, que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fases e actividades do traballo tutelado son catro: 1ºfase. Revisión bibliográfica; 2ºfase de deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade; 3ºfase. De verificación do produto; 4ºfase. De exposición e presentación do produto. Este plan de traballo téñeno a disposición os/as estudantes na MOOVI.
O desenrolo de cada subproxecto, que desenvolve cada equipo de traballo, realizase en colaboración coas entidades que colaboran na execución do APS EDUCA NA DIVERSIDADE TRANSFORMA A SOCIEDADE (i.e., Centro de Intervención Educativa de Medio Aberto de Ourense, que xestiona TRAMA e a Subdirección E.O.T. Centro Penitenciario de Pereiro Aguiar (Ourense), CONCAES), así como as entidades culturais colaboradoras (i.e., AULA TEATRO, DANZA EDUCATIVA, ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL). Durante a elaboración do traballo tutelado poderán levarse a cabo SAÍDAS DE CAMPO vencelladas as institucións colaboradoras.
O seguimento do traballo tutelado farase na aula, nas horas de prácticas dispostas para o caso, o feedback realizase de forma inmediata a cada equipo nos seminarios; e na fase inicial o docente elabora un informe coas recomendacións de mellora da calidade dos subproxectos, que estará dispoñible na MOOVI.
As entregas serán sucesivas e progresivas, efectúanse na MOOVI.
Os estudantes que participan desta modalidade vinculanse ao Proxecto de Innovación Educativa da Facultade de Educación e do Traballo Social, que versa sobre a aprendizaxe en grupos cooperativos. Ademáis da Aprendizaxe Servizo e Aprendizaxe por proxectos.
Para os estudantes de avaliación global
Elaboran un proxecto de forma individual, seguindo as mesmas fases que os estudantes de avaliación continua. No obstante, o proxecto e produto elaborado non se vencella ás institucións colaboradoras, nin tampouco ao traballo en equipo. As actividades e entregas vencellas ao proxecto seguen os mesmos prazos que os/as estudantes de avaliación continúa. A exposición realizase o día do exame oficial da materia, ou ben o día de exposición dos proxectos dos/as estudantes de avaliación continua. A valoración do traballo require indefectiblemente cumprir coas entregas establecidas no plan de traballo e expoñer o proxecto realizado. Recoméndase pórse en contacto co/a docente para planificar o traballo tutelado, dende o inicio da materia. Non se terá en consideración as entregas que cumpran os prazos establecidos de forma secuenciada nin aqueles que non se completen con unha exposición final do traballo realizado ao longo do cuadrimestre. Todas as entregas deben facerse na MOOVI, na mesma carpeta e prazos que o estudantado de avaliación continua.
Debate Propóñense prácticas libres, innovadoras e creativas, que evidencien un interese xenuíno por afondar na materia, e que posibiliten o pensamento crítico e unha maior comprensión dos contidos curriculares. Terase en conta todas as achegas que se fagan sobre os materiais científico-académicos ou de divulgación que estean relacionados coa materia. Ademais da participación en actividades científico-técnicas recomendadas, que contribuían a incrementar e mellorar o coñecemento sobre a materia. Así como os encontros con profesionais, que posibiliten vencellar o coñecemento teórico co práctico; ou ben saídas de campo. Teranse en conta todas as actividades complementarias de formación e culturais que se vencellen coa creación do proxecto APS EDUCA NA DIVERSIDADE, TRANSFORMA A SOCIEDADE.
A evidencia da súa realización depositarase en MOOVI, dentro do prazo establecido no plan de traballo da materia.
Os prazos de entrega e acreditación da realización das actividades vencelladas a sección do debate son as mesmas para os estudantes asistentes, como non asistentes.

Resolución de problemas de forma autónoma Aprendizaxe baseado en problemas. Patexase supostos prácticos vencellados a cada bloque temático da materia, os cales deben ser resoltos na aula de forma individual. Este exercicio de preparación progresiva serve de práctica de cara a resolución dun suposto práctico, que inclúe diversos coñecementos teórico-prácticos abordados ao longo da materia. Dito problema será resolto en grupo, e entregase na MOOVI.

Neste caso, tómase como apoio diversas fontes, capítulos de libro, artigos e material audiovisual que traten temas relacionados coa materia.
Aprendizaxe colaborativa Propóñense estratexias de colaboración que faciliten o traballo en equipo e a cohesión grupal, asumindo con responsabilidade e ética o compromiso co traballo común
Aprendizaxe-servizo Os estudantes traballan por equipos, e guiados por un plan de traballo que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fase e actividades do traballo tutelado son catro: 1) revisión bibliográfica; 2º) deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade. 3º) Verificación do produto. 4º) De exposición e presentación do produto. Este plan de traballo adaptase ao tema e poboación que se vai a estudar e coa que se vai a intervir.

O estudantado que seleccione a proposta de Aprendizaxe Servizo (APS) “Educa na diversidade para transforma a sociedade” participará, de forma activa e responsable, nas actividades asociadas ao proxecto, a saber: 1) colabora con entidades externas e institucións; 2) realiza saídas de campo; 3) participa en actividades formativas e culturais asociadas. As entregas será sucesiva e progresivas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000