Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións
equivalentes de avaliación. Avaliación das prácticas do alumnado non asisitencial (avaliación global): O alumnado non asistencial, terán que entregar antes da finalización de curso, un proxecto individual de intervención nun
dos ámbitos do traballo social. Dito traballo será obrigatorio e cualificarase
como apto ou non apto. Ademáis, dito alumnado non asistencial deberá elaborar un traballo de análise bibliográfico a partir de lectura de 4 documentos académicos seleccionados. As partes da materia superadas na 1ª oportunidad, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Non se gardan notas dun curso académico para outro. A aplicación da transversalidade de xénero e a linguaxe non sexista serán tidas en conta na avaliación continua de forma positiva. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o estudantado adscrito
ao programa PIUNE (PAT) As datas oficiais dos exames da materia poden ser consultados na páxina web da Facultade. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |