Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e cooperación ao desenvolvemento
   Contidos
Tema Subtema
BLOQUE 1. ASPECTOS INTRODUCTORIOS. NOCIÓNS BÁSICAS FUNDAMENTAIS. Tema 1. Aproximación aos marcos contextuais da cooperación ao desenvolvemento: globalización e relacións norte-sul. Pobreza e conceptos asociados, igualdade e desigualdade.

Tema 2. Cuestións conceptuais: cooperación ao desenvolvemento, desarrollo comunitario e humano. Fundamentos da cooperación para o desenvolvemento. Evolución histórica, enfoques e teorías.
BLOQUE 2. OS INSTRUMENTOS DA COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO. Tema 3.Tipos de cooperación ao desenvolvemento: A Axuda Oficial ao Desenvolvemento. Os instrumentos da Axuda Oficial ao Desenvolvemento: A Cooperación Bilateral e a Cooperación Multilateral. Os actores da axuda: Institucións e administracións públicas, Organizacións intergubernamentais, Organizacións Non Gubernamentais para o Desenvolvemento.
BLOQUE 3. MARCO NORMATIVO. O SISTEMA ESPAÑOL DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO. CONTEXTUALIZACIÓN NA C.A. GALEGA. Tema 4. O Sistema Español da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento. Lei Española de Cooperación Internacional. Plan Director da Cooperación Española.

Tema 5. Contextualización na Comunidade Autónoma Galega. O III Plan Director de Cooperación Galega. A Coordinadora galega de ONGs para o desenvolvemento.
BLOQUE 4. O TRABALLO SOCIAL NA COOPERACION INTERNACIONAL E A XESTION DE PROXECTOS SOCIAIS EN COOPERACION AO DESENVOLVEMENTO Tema 6. Ámbitos de intervención do traballo social en cooperación ao desenvolvemento: sensibilización nos
países do norte e intervencións de cooperación nos países do sul.
Deseño e xestión de proxectos sociais de cooperación ao desenvolvemento. Financiación da
cooperación ao desenvolvemento: organismos nacionais, europeos e internacionais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000