Horario de titorías
Primeiro cuadrimestre: mércores, de 17.00 a 21.00 horas Segundo cuadrimestre: mércores, de 16.00 a 20.00 horas. Para superar a materia é necesario aprobar o exame final e obter unha cualificación mínima nos distintos apartados a avaliar.
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán
obxecto de avaliación na 2ª, considerándose polo tanto, como aprobadas
nese curso académico.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade
de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada
para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida
laboral e a formación académica, os contidos, planificación,
recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na
cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o
desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio.
Alumnado non presencial: O alumnado non presencial deberá falar co profesor ao inicio do curso Segundo a normativa vixente, con independencia da asistencia ou non ás clases, o alumnado disfrutará de condiciones equivalentes de avaliación. Calendario de exámenes: as datas oficiais dos exames poden consultarse na web oficial da Facultade: (http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php) no espacio 'Datas exames 2024-25". Esta guía docente explicita as liñas de actuación a desenvolver co alumnado da materia, entendida con certa flexibilidade; polo tanto, pode estar suxeita a algúns reaxustes puntuais. |