Será necesario asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais para ser avaliados a través das referidas ponderacións. Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima do 50% en cada apartado. En caso de superar unha das partes da materia, conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo. Cando a algún estudante non se lle poida cualificar a través da avaliación continua, este deberá realizar unha proba escrita dos contidos da materia que pondera ata 7 puntos da nota final e outra oral que pondera ata 3 puntos. Para superar a materia será preciso que obteña en cada unha das partes un 50% da cualificación establecida para cada apartado, é dicir, 3,5 puntos na proba escrita e 1,5 puntos na proba oral. En caso de superar unha das partes da materia conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da Facultade http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php Alumnado
con necesidades específicas: En
coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e
Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades
específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa
PIUNE (PAT). |