Traballo tutelado |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, en traballo colaborativo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción. |
Estudo de casos |
O alumnado, de maneira individual ou en grupo, analiza un caso e éxito referido a un programa social, e o expón en clase mostrando a sú contribución teórica e práctica.
|
Aprendizaxe-servizo |
O alumnado porá en práctica o aprendido nas leccións teóricas sobre detección de necesidades, cunha mostra de poboación real. Crearase un sistema de recollida de información e analizaranse os datos.
O traballo tutelado baseado na evidencia científica, e contextualizado no APS “Educa na diversidade, transforma a sociedade”, responden a unha demanda que nos achega a entidade ou entidades colaboradoras para proporcionar un servizo ou produto (i.e., taller, material audiovisual, entre outros) ao colectivo con diversidade (i.e., social, académica, cultural), co que traballamos ao longo do cuadrimestre. Este traballo debe ser aplicado na poboación diana do APS e ademáis debe ser defendido na sesión que conclúe do APS. |