Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Valoración do/a titor/a de prácticas sobre o periodo do estudante na entidade. O/A estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio dunha profesión, durante un período determinado, realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas. No caso do Prácticum, estas prácticas inclúense con carácter obrigatorio en Traballo social |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C22 C23 C24 C25
|
D1 D2 D3 D4 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22 D23 D24
|
Cartafol/dossier |
Asistencia, participación, interacción e realización das actividades/tarefas encomendadas nas clases preparatorias (Grupos B) antes de iniciar as prácticas en institucións. Os resultados serán entregados nun DOSSIER, cos contidos establecidos para tal fín. |
10 |
A2 A4 A5
|
B3
|
C4 C13 C18 C22 C23 C25
|
D1 D2 D3 D4 D6 D7 D8 D9 D15 D16 D17 D18 D19 D23 D24
|
Estudo de casos |
Asistencia, participación, interacción e realización das actividades/tarefas encomendadas para os Seminarios de supervisión grupal (Grupos C). Os resultados serán a presentación en cada unha das sesións de estudos de casos:
1) presentación dunha entidade;
2) presentación dun caso dende a perspectiva de xénero;
3) análise dun caso dende unha perspectiva ética (identificación e resolución de dilemas éticos)
4) Formación en violencia de xénero |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B2 B6
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C19 C22 C23 C24 C25
|
D1 D2 D3 D4 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D23 D24
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Memoria de prácticas do/da estudante relativa ao seu periodo de practicas |
20 |
A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C22 C23 C24 C25
|
D1 D2 D3 D6 D7 D8 D9 D10 D12 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D22 D23 D24
|
Avaliación O prácticum é unha materia que que soamente se pode realizar de xeito presencial, de forma que a súa avaliación sempre será en modalidade asistencial. Dito doutra forma non se poden faltar nin as clases preparatorias (Grupo B), nin as supervisións grupais (Grupos C) da Universidade como tampouco á institución, entidade ou empresa na que se realizan as prácticas. A materia soamente será avaliada si o/a estudante ten participado como mínimo nun 85% das horas totais que lle corresponden a esta materia, tal como estipula a Normativa de Prácticas da Uvigo (2021). As posibles inasistencias puntuais deben ser sempre comunicadas tanto ao docente titor/a académico e, de selo caso de estar xa incorporado na entidade, tamén ao titor/a profesional, e terán que ser debidamente xustificadas con documentos acreditativos a ámbolos dous. A Coordinación do prácticum pode establecer a suspensión temporal do período de prácticas por situacións sobrevidas como enfermidades de longa duración. En todo caso, o tempo desta suspensión, como o da posible acumulación de inasistencias puntuais, será recuperado nas condicións que estableza a Coordinación de prácticum, quen consultará co docente titor/a do/a estudante e co titor/a profesional da entidade. A avaliación do prácticum verificará a capacidade efectiva de desenvolver tarefas concretas da actividade profesional, así como a adquisición das destrezas e aptitudes correspondentes. A avaliación terá carácter continuado a través da elaboración dun Dossier (0-1 punto), de casos presentados nos seminarios grupais e a asistencia á formación (0-3 puntos), da Memoria de practicas (0-2 puntos) e da valoración dos/as titores/as externos (0-4 puntos) a partir da súa observación sistemática del
estudiante. Todas e cada unha destas partes deberá ser aprobada por separado, entendendo que o "apto" se atopa na metade do seu valor global (Dossier: 0,5; Casos: 1,5; Memoria: 1; titor profesional: 2). Isto é, non acadar unha nota mínima en cada unha destas modalidades suporá que o/a estudante terá que recuperar esa parte na 2ª convocatoria. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Si se suspende a materia en 2ª convocatoria, a Comisión do Practicum determinará si se pode gardar algunha nota dalgunha das modalidades para o curso seguinte. Será requisito necesario o depósito dunha copia da memoria de prácticas na institución colaboradora en formato e data establecida pola Coordinación. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade deEducación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o estudantado adscrito ao programa PIUNE. Os horarios e datas da entrega final da memoria están publicados na web da Facultade e en Moovi. Na plataforma tamén se subirá un DOCUMENTO RESUMO DAS ENTREGAS coas orientacións necesarias para o alumnado. |