Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Socioloxía aplicada ao traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test de 20 preguntas con catro opcións de resposta. Cada resposta acertada puntúa 0,5 puntos. As erróneas restan -0,15. 20 A1
A2
A3
A5
D1
D2
D3
D4
D6
D8
D18
Traballo Monografía dunha comarca (en grupo de 4 a 5 membros) con cinco apartados:

1.- Territorio e zonas
2.- Poboación, características
3.- Tecido social e demandas
4.- Recursos
5.- Proposta de intervención

Cada apartado poderá valer até 2 puntos. A exposición do traballo suporá un tercio da nota (10%).
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C2
C3
C5
C6
C7
C8
C10
C11
C12
C13
C14
C18
C20
C21
C22
C24
C25
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D22
D23
D24
Cartafol/dossier Exposición por parte dos alumnos dos temas xa expostos polo profesor. Valorarase a corrección dos contidos (5 puntos), a calidade de exposición (3 puntos) e a orixinalidade dos contidos expostos, (achegas novas) (2 puntos). 40 A1
A2
A3
A4
A5
C22
C25
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D22
D23
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

MODALIDADES ASISTENCIAL E NON ASISTENCIAL.

A participación regular (75% de asistencia) ás clases presenciais implica a posibilidade dunha avaliación continuada que suporía o 40 % da nota final. Outro 30% da nota corresponde ao exame final. E o 30% restante ao traballo de investigación. Os/as alumnos/as non asistentes (menos do 75 % de asistencia) terán que presentarse ao exame final tipo test (50% da nota). O 50% restante evaluarase mediante un resumo da materia elaborada individual ou grupalmente. No mes de xullo realizarase a recuperación das competencias non superadas en maio e gardaranse os resultados do exame e/ou do traballo de investigación. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade (http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index)

a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo
social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio
educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). 

b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha referencia
específica para ter en consideración a especificidade e experiencia profesional deste
colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación
académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un
cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de
avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio”. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000