A materia de Políticas públicas en España pretende proporcionar coñecementos e elementos de reflexión que nos aproximen á realidade actual das grandes áreas de intervención pública en España.
En primeiro lugar, introducindo ó alumno nos conceptos que se utilizarán como celme para o análise e o diagnóstico das políticas que se van a estudiar. Abórdase a evolución das políticas públicas en España, o impacto da transición política e os modelos de elaboración de políticas públicas no noso país, para pasar despois a facer referencia a políticas públicas concretas.
En segundo termo se analizan as principais políticas do benestar social (protección social, sanidade e educación), as políticas de intervención na economía (fundamentalmente as relativas ó emprego e mercado de traballo) e as denominadas "políticas emerxentes" como son inmigración, medio ambiente e a igualdade entre os xéneros.