Avaliación continua: · A avaliación das/os estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía docente. · A avaliación continua implica unha asistencia mínima a un 80% das aulas. · A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido. . O atraso na presentación das prácticas pode conlevar descontó na nota de cada unha delas ou inadmisión da entregada fóra do tempo. . A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma: - Prácticas dos Grupos medianos: 20% - Realización e defensa do traballo dos Grupos pequenos; 20% - Preguntas tipo test do exame: 30% - Preguntas de desenvolvemento do exame: 30% Avaliación global: · Quen se acolla a esta modalidade de avaliaciónterá que presentar no mesmo prazo que os estudante da avaliación continua as prácticas que fixe o profesor. . O atraso na presentación das prácticas pode conlevar descontó na nota de cada unha delas ou inadmisión da entregada fóra do tempo. . A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma: - Prácticas (30%) - Lecturas obrigatorias (10%) - Proba de preguntas obxectivas (30%) - Proba de preguntas de desenvolvemento, etc. (30%) CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª oportunidade) As probas (parte teórica o parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese curso académico. Non se gardarán notas dun curso a outro. A 1ª oportunidade, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria. MODALIDADE de AVALIACIÓN GLOBAL As e os estudantes que decidan optar pola avaliación global, deberán poñerse en contacto co profesor para notificar esta opción a comezos de curso e sempre antes do prazo establecido. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado non asistencial e do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |