O alumnado debe ser en todo momento coñecedor da normativa anti-fraude, e coñecedor de que debe ser capaz de dar conta oral dos contidos avaliados. O alumnado NON-ASISTENCIAL, isto é, aquel que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia (un 80% ás sesións) realizará como Probal Global un exame final, composta de 2 partes, e coa seguinte cualificación: PROBAS DE RESPOSTA LONGA/COMENTARIO---50% PROBAS DE RESPOSTA CURTA---50% A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva en xullo. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás
clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. A comezos de curso os estudantes deberán ter debidamente cumprimentados os datos persoais da plataforma (incluíndo correo-e e fotografía dixital). As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade (http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php) no espazo 'Exames.' a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) b.“Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”. |