MODALIDADES CONTINUA (asistencial) E GLOBAL. A participación regular (75% de asistencia) aos seminarios, expondo os temas da materia representa o 60% da nota final para asistentes. O restante corresponde ao exame tipo test da proba final. Os/as alumnos/as non asistentes (avaliación global) (menos do 75 % de asistencia) terán que realizar o exame final tipo test, supondo este o 60 % da nota. O 40% restante será mediante a confección (individual ou grupalmente) dun resumo da materia. SEGUNDA CONVOCATORIA. No mes de xullo realizarase a recuperación das competencias non superadas en maio e gardaranse os resultados do exame e/ou do traballo de investigación. Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás
clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade (http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php) a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo
social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio
educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) b. “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación
académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un
cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de
avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio”. |